Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/01/2023 | Actualizada ás 17:53
O único ocupante dun vehículo que envorcou nun terraplén, no lugar da Silva, en Cerceda, perdeu a vida. Fontes consultadas por Europa Press confirmaron que o falecido é un mozo de 26 anos que responde as siglas de S.C.V.
Segundo confirmou o 112, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do novo, cuxo corpo foi excarcerado polos bombeiros de Ordes.
O 112 informou tamén de que se abriu unha investigación para tratar de solicitar toda a información sobre o sucedido e precisar a hora exacta do sinistro.
Un particular informaba ao 112 Galicia, pasadas as 10.15 horas, dun vehículo envorcado nun terraplén situado na marxe da AC-400 ao seu paso polo lugar da Silva, na parroquia de San Martiño de Rodís.
O 112 solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e Protección Civil de Cerceda.
Foron os bombeiros os encargados de excarcerar ao condutor, atrapado no turismo do que era o único ocupante.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.