Abanca achegará 70 millóns a Nova Pescanova

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2023 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

Os socios do Grupo Nova Pescanova aprobaron unha achega de capital de 70 millóns de euros durante a xunta xeral que se celebrou este luns.

"Trátase dunha operación destinada a reforzar os fondos propios da compañía e robustecer a execución do seu plan estratéxico", segundo resalta a compañía.

O capital será achegado na súa totalidade polo accionista principal, Abanca, nunha decisión que, segundo subliña Nova Pescanova, "non supón ningún tipo de alteración na composición accionarial do grupo".

Instalacións da sede de Nova Pescanova en Chapela, Redondela
Instalacións da sede de Nova Pescanova en Chapela, Redondela | Fonte: Nova Pescanova

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta