Un xabaril provoca unha colisión deixando unha persoa ferida leve en Barbadás

A persoa ferida tivo que ser trasladada en ambulancia de soporte vital básico ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 19/01/2023 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida leve e tivo que ser trasladada a un centro hospitalario tras producirse o envorco do coche no que viaxaba, despois dunha colisión provocada pola irrupción dun xabaril na calzada.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 20,40 horas deste mércores, na estrada OU-540 preto de Barbadás. Un particular alertaba a Emerxencias de que o seu coche fora alcanzado por outro vehículo, que quedara envorcado contra unha barreira metálica de seguridade nas proximidades dun barranco.

O alertante tamén explicou que estaban a tratar de sacar aos ocupantes do vehículo sinistrado polo maleteiro. Así mesmo, outro particular implicado confirmou ao 112 que o accidente se produciu pola presenza dun xabaril, que cruzou a calzada.

O CIAE 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos servizos de urxencias sanitarias, dos bombeiros do polígono de San Cibrao das Viñas, do GES de Pereiro de Aguiar, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil de Barbadás.

Unha vez no lugar do accidente, a Policía Local comprobou que o coche envorcado non corría risco de precipitarse polo barranco, e que os seus ocupantes xa lograran saír polo maleteiro. Unha desas persoas, unha muller de 57 anos de idade, M.C.F.A., tivo que ser trasladada en ambulancia de soporte vital básico ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Xabaril nun centro urbano
Xabaril nun centro urbano

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta