O Parlamento insta á Xunta a traballar contra os "brotes de xenofobia" no día das vítimas do Holocausto

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2023 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O Parlamento galego aprobou unha declaración institucional na que se insta á Xunta a traballar contra os posibles brotes de racismo, xenofobia, antisemitismo e outras discriminacións baseadas na orixe étnica ou as crenzas relixiosas ou en calquera outra circunstancia.

Tamén a permanecer vixiantes "para que nunca máis un réxime como o que produciu o Holocausto poida asentarse entre nós nin en ningún lugar do mundo", recolle o texto con motivo do Día de conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto.

A declaración aprobouse con motivo da designación do 27 de xaneiro en recordo da liberación polas tropas soviéticas aliadas do Campo de Exterminio de Auschwitz- Birkenau e en memoria das vítimas do Holocausto, entre elas tamén galegos. "O Holocausto é o resultado dun programa de persecución, encarceramento e exterminio levado a cabo polo nazismo que asasinou máis de seis millóns de persoas".

Acto en homenaje a las víctimas del Holocausto en el Parlamento
Acto en homenaje a las víctimas del Holocausto en el Parlamento

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta