Como acontece en case todas as eleccións, sempre hai sorpresas que chaman moito a atención. Pois uns grupos melloran os resultados e outros minguan, ou se o prefiren fenecen. Mais nestas derradeiras Europeas a sorpresa maior deuna unha candidatura que, polo nome, parecía ser unha chanza mais ca un proxecto político. Ben sei que a política ten moito de saber falar e convencer ós votantes. Ten moito de saber vender o que propós e ate de engaiolar ós cidadáns acudindo á tocarlle fibra das emocións que sempre camiñan á contra de sopesar as propostas e, en resumo, van á contra do sentido común e a racionalidade.