Resposta da sociedade galega contra a visita dos neonazis de Hogar Social

Parte da sociedade civil galega, políticos, sindicalistas e os profesionais e voluntarios dos servizos de extinción de incendios redactan un manifesto contra a campaña do grupo fascista e racista na que anuncian unha acción de "axuda humanitaria" para unha Galicia 'terceiromundista'.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/10/2017 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A anunciada visita do grupo neonazi Hogar Social a Galicia con "axuda humanitaria" trala vaga de lumes, nunha campaña que mostra unha imaxe terceiromundista de Galicia, non só suscitou unha marea de críticas e de rexeitamento nas redes sociais. Agora, a sociedade civil galega, polítcos, sindicalistas e os profesionais e voluntarios dos servizos de extinción artellaron unha campaña para expresar a súa oposición á chegada deste grupo fascista, racista e xenófobo.

Mensaxe do grupo neonazi Hogar Social tralos incendios, coa estereotipada imaxe dunha Galicia vella, pobre, triste...
Mensaxe do grupo neonazi Hogar Social tralos incendios, coa estereotipada imaxe dunha Galicia vella, pobre, triste...

O manifesto, que circula xa en Internet contra esta visita, busca o maior número de sinaturas contra a presenza dos neonazis en Galicia. O texto é o seguinte:

NAZIS DO HSM, NON SODES BENVIDOS!

O pobo galego organizado e os profesionais e voluntarios dos servizos de extinción rexeitamos rotundamente a axuda ofrecida polo colectivo de carácter fascista e neonazi Hogar Social Madrid.

Hogar Social Madrid é un coñecido colectivo de ultra-dereita que se dedica a difundir o seu discurso fascista, xenófobo e de odio aos máis pobres disfrazándoo de falsa solidariedade, e non estamos dispostas a que a traxedia vivida polo noso pobo nos pasados días lle sirva a esta calaña como escusa para tan miserables fins. Galiza é unha terra acolledora e fraternal, e quen sementa odio nas nosas rúas e agrede ás nosas irmás e irmáns pola súa etnia, pola súa situación socioeconómica ou polo seu compromiso antifascista, non é benvido na nosa terra.

O grupo neonazi Hogar Social Madrid.
O grupo neonazi Hogar Social Madrid.

Non é crible que aqueles que organizan recollidas de alimentos “sólo para españoles”, os que fai uns días se manifestaban xunto cos responsables políticos deste desastre para negar os dereitos culturais e o dereito de autodeterminación dos pobos de Estado, ou os que ondean simboloxía fascista e defenden abertamente un discurso xenófobo, teñan unha intención sincera e desinteresada de axudar ao pobo galego. Un pobo diverso e de procedencias moi diferentes, feito do cal nos sentimos profundamente orgullosas, e onde o descurso de quen pensa que o valor da vida é diferente segundo a cor da nosa pel, non ten cabida.

Por estes motivos, as abaixo asinantes esixímoslles aos nazis de Hogar Social Madrid que non poñan un pé no noso país co fin de aproveitar a dor da nosa xente para sementar odio e división.

NON É SOLIDARIEDADE, É FASCISMO!
NAZIS, NON SODES BENVIDOS!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

6 anonimo9572

Grande el titular: "Resposta da sociedade galega ..." GC hablando en nombre de todos los gallegos, lo mismo que Putschdemont hablando en nombre de todos los catalanes. Para perpetrar semejante periodismo y recordarnos lo malos que son los de La Voz hay que tomarnos por tontos.

5 Roi R

En Galicia xa temos os nosos nacionalsocialistas: o BNG

1 mw Ef

E camiño de ser igual de residuales.

2 Lavádevosoutravez

¿A proba de quen son os nazis? Aí vos vai, españolistas: http://www.latinamericanstudies.org... ISO antes de falar de nazis ou do malo que é o nacionalismo galego: Xamais poderedes ter autoridade moral para falar de nazis.

4 Non fai falla

Na Galiza non precisamos nen queremos neonazis...

3 Non fai falla

Na Galiza non precisamos nen queremos neonazis...

2 galegoexiliado

O país mais rico e desenvolvido do mundo, o motor de Europa, o país cos salarios e pensions mais altas de Occidente, o país das maravillas non precisa da vosa caridade, ainda que seredes benvidos pois na terra do Glorioso Caudillo estaredes coma na vosa casa rodeadod de patriotas da vosa ideoloxía e mentalidade, pero ollo que ai moito estranxeiro con ADN celta. Arribaspañaporfín.