Familiares de galegos deportados a campos de concentración nazis súmanse á querela arxentina contra o franquismo

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica cifra en 193 os que sufriron esta situación.

Por Europa Press / Redacción | CORUÑA, A | 27/01/2020 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

Unha vintena de familiares de galegos deportados a campos de concentración nazis sumaranse á querela arxentina para investigar os crimes de lesa humanidade durante a Guerra Civil e a ditadura franquista en España.

“LOS ESPAÑOLES ANTIFASCISTAS SALUDAN A LAS FUERZAS LIBERADORAS”, escribiron os republicanos cando as tropas americanos liberaron Mathausen
“LOS ESPAÑOLES ANTIFASCISTAS SALUDAN A LAS FUERZAS LIBERADORAS”, escribiron os republicanos cando as tropas americanos liberaron Mathausen

Así o informou Carmen García-Rodeja, membro da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) en Galicia coincidindo cos actos programados por esta entidade con motivo da conmemoración este luns do 'Día Internacional das Vítimas do Holocausto'.

"Foron 193 en toda Galicia", explicou a representante da ARMH, que sinalou que, entre eles, había menores de idade e xente considerada "roxa", asegura en referencia ao termo co que se denominaba os republicanos.

Segundo os investigadores da ARMH estiveron en campos de concentración como Mautahusen, Buchenwald, Dachau, Sachsenchausen, e Neuengamme, entre outros.

Un dos galegos que sufriu esta situación foi Adolfo Bregua, cuxo sobriño Ángel Vázquez asegura que o seu tío, que era sindicalista, tentou escapar desde A Coruña, sen logralo, polo que estivo dous anos escondido.

Xa en Francia, acabaría loitando cos aliados sendo logo capturado polos alemáns. Despois, estivo catro anos nun campo de concentración do que logrou saír con vida grazas ás súas habilidades no fútbol e por estar na cociña.

"Moitos morreron exhaustos polo traballo nunha canteira, ou gaseados", expuxo, con todo, a representante da ARMH en Galicia en relación a outros casos de galegos deportados e que non lograron sobrevivir.

Este martes, en Vigo, farán entrega dos casos de pontevedreses vítimas de deportación ante o consulado xeral de Arxentina na cidade olívica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta