Compostela Aberta denuncia "o fracaso" das axudas para cultura, con tres beneficiarios

Di que levará este tema ao pleno.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2023 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra denunciou este mércores "o fracaso da convocatoria de axudas municipais para actividades culturais do tecido asociativo", que se pechou con só tres entidades beneficiarias e a repartición de 15.000 dos 45.000 euros comprometidos para este fin.

Tal e como explicou en rolda de prensa, só nove asociacións solicitaron estas axudas para financiar actividades desenvolvidas ao longo de 2022, seis das cales foron descartadas por motivos burocráticos.

As outras tres entidades sumarán subvencións por 15.000 euros, "sempre que cumpran todos os requisitos tras o prazo de xustificación, que termina o próximo día 31", explicou Novoneyra, que afeou que o concello "deixe sen gastar 30.000 euros desta convocatoria" tras os 40.000 que se perderon "por motivos similares" na de 2021.

En consecuencia, a formación levará ao pleno deste xoves a proposta de que o concello impulse actividades formativas e de acompañamento para as entidades sociais, de face ás axudas deste 2023, co obxectivo de facilitar que accedan a elas.

OUTRAS INICIATIVAS

Do mesmo xeito, CA tamén defenderá no pleno unha moción para instar o goberno local a recuperar a convocatoria de residencias de creación e investigación das artes escénicas na Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta, incluíndo o auditorio do Centro Sociocultural do Romaño como segundo espazo escénico.

A concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra.
A concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta