Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2023 | Actualizada ás 17:44
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, mostrou o rexeitamento dos nacionalistas ao envío de tanques a Ucraína e alertou de que "só contribuirá ao aumento da escalada bélica", reiterando a necesidade de "apostar polas vías pacíficas e diplomáticas".
Os nacionalistas reprochan ademais a decisión do Executivo de enviar os tanques Leopard "sen debate e votación" no Congreso, polo que anunciaron o rexistro de solicitudes de comparecencia do Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a ministra de Defensa, Margarita Robles no pleno da Cámara. Ademais da escalada bélica, o critica o "seguidismo" do Goberno central na política militarista "dirixida por Estados Unidos, único beneficiario do conflito".
Insiste o deputado nacionalista en "centrar todos os esforzos" en conseguir unha paz "xusta e duradeira" a través do diálogo e a negociación. "Reclamamos a Pedro Sánchez un xiro na política levada a cabo polo Goberno porque, de continuar incrementando a escalada bélica, estar a aumentar o risco de que o conflito escale na confrontación directa da OTAN con Rusia ou, mesmo, ao uso de armamento nuclear", sinalou. Apunta ademais que con esta medida España implícase "de forma máis activa e directa no conflito". "Que será o seguinte, enviar soldados?", preguntouse Rego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.