Temas: VIMIANZO TEMPO PP

Raquel Rodríguez non repetirá como candidata do PP á Alcaldía de Vimianzo

A dirección provincial comunicará nas próximas semanas o nome da persoa encargada de liderar a candidatura popular.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2023 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

A portavoz do grupo municipal do PP en Vimianzo, Raquel Rodríguez, non repetirá como candidata desta formación á Alcaldía do municipio coruñés, segundo confirmou o partido a nivel provincial

Rodríguez, que liderou a lista popular nas últimas citas coas urnas locais, xa manifestara hai varios meses á dirección popular a súa intención de non concorrer por segunda vez aos comicios municipais.

Nunha reunión mantida o mércores con integrantes da formación do PP de Vimianzo, e acompañado polo vicesecretario territorial da zona, José Manuel López, o secretario xeral provincial, Evaristo Ben, aproveitou a cita para agradecer a Rodríguez e a todo o seu equipo o "traballo e o firme compromiso" mostrado durante os últimos anos á fronte da formación local.

"Hai tempo que sabemos a decisión de Raquel de dar un paso á beira, abandonar a primeira liña da política local e, desde entón, puxémonos ao choio para construír un novo proxecto aquí en Vimianzo", apuntou Ben.

Confirmada a non continuidade de Raquel Rodríguez, o secretario xeral avanzou que a dirección provincial comunicará nas próximas semanas o nome da persoa encargada de liderar a candidatura popular.

Pazo de Trasariz, no concello de Vimianzo
Pazo de Trasariz, no concello de Vimianzo | Fonte: José Luis Cernadas Iglesia en Flickr.

Temas: VIMIANZO TEMPO PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta