Por E.P. | A CORUÑA | 26/01/2023 | Actualizada ás 19:04
A Real Academia Galega (RAG) e PuntoGal convocan a sexta edición do seu concurso de microrrelatos co que se repartirán nove premios entre concursantes das categorías de infantil, xuvenil e adultos.
Os relatos poderán presentarse entre o 1 e o 28 de febreiro a través da páxina web relatos.gal, segundo informaron os representantes de ambas as entidades. "Unha lingua do século XXI necesariamente convida a crear e comunicar nas formas do século XXI, explorando toda a súa potencialidade e as súas posibilidades", expuxo na presentación o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes.
O tamén académico e presidente de PuntoGal, Manuel González González, explicou que o concurso é "un punto de encontro no que participan escritores consagrados, pero tamén un grandísimo número de afeccionados e un lugar de encontro das distintas xeracións".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.