O PPdeG sitúa á cultura como un "elemento estratéxico" para as municipais

Comprométese a impulsar a cultura como "elemento dinamizador dos municipios" nos seus programas electorais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2023 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

O PPdeG ratificou comprometeuse a impulsar a cultura galega como "elemento vertebrador, estratéxico e dinamizador" dos municipios nos seus programas electorais para as próximas eleccións municipais.

Esta semana, durante unha reunión da Comisión de Cultura do PPdeG, os populares puxeron en valor que Galicia é "unha gran referencia cultural tanto a nivel nacional como internacional"; destacando o seu compoñente identitario e tamén "a repercusión económica que xera o sector na comunidade".

A este respecto, o responsable de Cultura no Goberno galego, Román Rodríguez, afirmou que "apoiar a cultura é apoiar emocional, produtiva e economicamente a Galicia". E é que, tal e como lembran nun comunicado, o sector xera ao redor de 30.000 empregos directos e supón unha "forte repercusión económica a través de produtos culturais como os contidos audiovisuais ou os festivais musicais".

Os conselleiros do Medio Rural, José González, e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, asinan o convenio de colaboración /  CONCHI PAZ/XUNTA
Os conselleiros do Medio Rural, José González, e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, asinan o convenio de colaboración / CONCHI PAZ/XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta