Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2023 | Actualizada ás 13:40
Un home de 60 anos morreu ao caer por un desnivel o camión formigoneira que conducía por unha estrada de Manzaneda.
Segundo informan fontes dos servizos de emerxencias, ocorreu ao redor das 11,20 horas no punto quilométrico 15 da OU-0701, á altura da parroquia de San Miguel de Bidueira.
O 112 recibiu o aviso a través da chamada dun particular e, seguidamente, puxo en marcha un dispositivo no que participaron o GES de Castro Caldelas, Protección Civil de Manzaneda, a Garda Civil, os bombeiros de Valdeorras e Urxencias Sanitarias-061.
Os servizos sanitarios mobilizaron ata o punto un helicóptero medicalizado para atender ao camioneiro, un veciño de Manzaneda de 60 anos que resultou falecido.
A estrada está cortada ao tráfico por mor deste aparatoso accidente do que se investigan as causas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.