Mais o goberno compórtase cunha pasividade abraiante. Non acertamos a saber se a súa actitude é secuela da súa axenda ideolóxica ou da súa manifesta ineficacia. Sexa como for, por ideoloxía ou por irresponsabilidade, o Ministerio incumpre o acordado.
E é que o Ministerio de Xustiza o pasado día 22 de abril de 2022 comprometeuse a realizar reformas. En concreto notificou a través da Secretaria de Estado que: “Desde o Ministerio de Xustiza considérase razoable e oportuna a ordenación solicitade”. Hoxe o goberno di que os Letrados da Administración de Xustiza son golpistas, a súa folga é política, que van en contra do pobo. Repite o que dixo sobre os gandeiros, agricultores, camioneiros, médicos da CCAA de Madrid, taxistas...O goberno é un disco raiado.
¿Qué maquina o goberno recoñecendo a razonabilidad das pretensións para despois non aplicalas? Vendo onde chegamos, talvez asistiremos tamén a unha precarización da Administración de Xustiza. Así como era imposible hai poucos anos que os médicos tivesen soldos baixos e hoxe sexa a realidade, teñamos cautela. Aos nosos políticos cara sóbralles e falacias tamén. Precarizan… e a autoría sempre é orfa...
Ante a política de privatizacións dos servizos e empresas públicas constantes á que asistimos desde hai décadas, talvez pódese afirmar que a Axenda do Réxime do 78 é a privatización de todos os servizos públicos, a ansiada meta do Liberalismo. Os diferentes partidos turnándose no poder seguen a mesma senda: precariedade laboral e poucos medios nos servizos públicos.
Vexamos a sanidade. É vergoñoso asistir todos os días a manifestacións por unha sanidade digna, e coñecer que entre os motivos das carencias está a falta de médicos e especialistas porque emigran a outros países pola cuestión salarial. Que médicos abandonen España polos baixos salarios é vontade do Réxime. Na cuestión da Administración de Xustiza, ¿que pretende o Goberno? Estará a rebaixar adrede as condicións laborais en corpos básicos do Estado? Xa acontece na Sanidade Pública, nos Corpos de Seguridade do Estado, na Universidade….
A folga dos Letrados da Administración de Xustiza é paradigmática.