Condenadas catro persoas por formar parte dun grupo criminal dedicado a tallar e vender eucaliptos sen permiso

Aceptaron penas de dez meses de prisión

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2023 | Actualizada ás 16:04

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou en conformidade a catro persoas por formar parte dun grupo criminal dedicado a tallar e vender ilegalmente eucaliptos sen permiso dos donos dos terreos.

En virtude do acordo alcanzado entre as partes e a Fiscalía, este catro persoas aceptaron penas de dez meses de prisión polo delito de furto continuado, outro dez meses de prisión por falsidade continuada en documento oficial, un mes de prisión por pertenza a grupo criminal e multa de 3.500 euros polo delito de infidelidade na custodia de documentos.

Ademais, todos eles perden durante cinco meses a posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas e o dereito a gozar dos beneficios ou incentivos fiscais ou da Seguridade Social. A Fiscalía pedía inicialmente cinco anos e medio de prisión, substanciosas multas e indemnizacións.

Este catro procesados recoñeceron os feitos polos que foran acusados e que deixaron como damnificados a 40 donos de montes e a unha mancomunidade de Poio, Barro, Caldas de Reis, Ponte Caldelas, Bueu, Sanxenxo, Meis, Meaño e Cangas. Moitos deles xa foron indemnizados con anterioridade ao xuízo unha circunstancia que foi tida en conta polo Ministerio Público.

Este xoves celebrouse a vista oral contra unha quinta persoa acusada por estes feitos, un axente da garda civil de profesión, que se enfronta á inhabilitación para o seu emprego durante tres anos.

SITUACIÓN DAS LEIRAS

O fiscal sostén que a colaboración do garda civil permitía ao grupo obter a información relativa á situación das leiras nas que realizaban as tallas ou a dos seus actuais titulares. Así, segundo o fiscal, o axente tiña coñecemento das claves que utilizaba a súa unidade para acceder á Sede Electrónica do Catastro e usábaas para obter datos que non son de acceso libre e que só se facilitan a quen acredite un determinado interese.

Segundo o fiscal, "abusando das funcións que tiña encomendadas" e "actuando en prexuízo dos propietarios reais", este acusado facilitaba información confidencial aos agora condenados que, desta maneira, coñecían as leiras con aproveitamento forestal, as que non tiñan un dono identificado con certeza no Catastro ou o titular real do mesmo.

Con todo, aínda que o fiscal cre que esta "colaboración necesaria" quedou "sobradamentre probada", durante o xuízo os outros catro procesados negaron que o garda lles facilitase esa información e tampouco os outros testemuñas que declararon na sala lograron identificarlle como implicado neste grupo criminal. O avogado da defensa pediu a libre absolución do seu cliente xa que "non hai o máis mínimo indicio sólido" de que o garda civil facilitase todos eses datos.

Estrutura Circular de Ronchas , en Cervo, cuberta por eucaliptos.
Estrutura Circular de Ronchas , en Cervo, cuberta por eucaliptos. | Fonte: Asociación Mariña Patrimonio

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta