Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2023 | Actualizada ás 16:18
Un camión de repartición de supermercado sufriu este venres un accidente de circulación, ao saírse da vía e chocar contra unha árbore. Facía o percorrido entre Calvos de Randín e Xinzo e nese momento estaba baleiro.
O condutor, segundo informou a Garda Civil de Tráfico de Ourense, resultou ileso do sinistro, ocorrido ás 10,30 horas, na OU-302, á altura do quilómetro 11.
Os axentes inspeccionaron o tacógrafo e observaron unha infracción o día 19 de xaneiro de 2023, por exceso de tempo de condución. O condutor deu resultado negativo na proba de alcoholemia.
Ao lugar do sinistro, ademais da patrulla de Seguridade Cidadá e o GES de Muíños.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.