Activo o risco de desbordamento dos ríos Tambre e Lérez

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2025 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia mantén activo o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de inundacións (Inungal) debido a posibles desbordamentos puntuais de certos ríos.

Segundo explica o 112, os últimos datos facilitados polos distintos organismos de xestión de concas hidrográficas apuntan a que o río Tambre, en Oroso, e o río Lérez, en Pontevedra, experimentaron considerables aumentos do seu caudal, podendo rexistrar desbordamentos.

Neste contexto, os servizos de emerxencia lembraron a importancia de que a poboación adopte medidas de autoprotección que contribúan a garantir a súa seguridade. Entre elas, recomendan non levar a cabo actividades na canle destes ríos, non cruzar zonas alagadas, saír do vehículo e buscar unha zona elevada no caso de que a auga alcance o coche ou, en caso de inundación dunha vivenda, subir á zona máis elevada e pedir axuda.

Inundacións provocadas polo desbordamento do río Tambre
Inundacións provocadas polo desbordamento do río Tambre | Fonte: César Argina

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta