Calvos de Randín marca de novo a temperatura máis baixa en Galicia, -7,5 graos

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 04/02/2023 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

O municipio de Calvos de Randín volveu a marcar na mañá deste sábado a temperatura máis baixa de Galicia, con 7,5 graos baixo cero, noutra madrugada de xeadas que afectaron a case toda a Comunidade, especialmente ao interior ourensán.

De acordo cos valores extremos de Meteogalicia, a estación de Calvos rexistrou -7,5 graos ás 6,00 da mañá, e outros puntos do sur de Ourense marcaron valores similares. En concreto, a estación meteorolóxica de Verín-Vilela notificou -6,4 ás 9,00 horas, e a de Xinzo de Limia -6,2 ás 9,00 horas.

Aínda que sen caer tanto como Ourense, a provincia de Lugo tamén rexistrou temperaturas baixo cero nas primeiras horas deste sábado. Así, os medidores de Morelle, en Sarria, notificaron -5,4 ás 9,00; e os de Monforte, -5,2 ás 8,30 horas.

Todo iso nunha xornada na que Galicia seguirá baixo a influencia das altas presións, con ceos despexados fóra dalgún banco de néboa no interior. Neste contexto, as temperaturas mínimas non rexistran cambios, con xeadas en moitos puntos do interior, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de compoñente leste, aumentando progresivamente no litoral norte ata alcanzar intervalos fortes no literal noroeste ao final do día.

Vexetación afectada polas xeadas no concello de Sandiás / Rosa Veiga - Europa Press / Europa Press
Vexetación afectada polas xeadas no concello de Sandiás / Rosa Veiga - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta