Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2023 | Actualizada ás 16:32
Dous dos 16 detidos o sábado no asentamento das Chaquetas, en Ferrol, durante unha operación contra o tráfico de sustancias estupefacientes, desenvolvida pola Policía Nacional, evitaron entrar no cárcere tras pagar senllas fianzas.
E é que o xuíz decretara prisión eludible co pago dunha cantidade económica determinada, cuxa contía non transcendeu e que xa foi abonada na mañá deste martes. Con todo, retiróuselles o pasaporte e prohibido a saída do territorio nacional, xunto á obrigación de comparecer cada 15 días en sede xudicial.
O Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol, en funcións de garda, tamén decretaba este luns o ingreso en prisión doutros dous residentes é este asentamento situado no camiño do Paredón, que xa entraron no cárcere de Teixeiro, en Curtis, tras ditar para eles prisión provisional comunicada e sen fianza.
Segundo comunicaron a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a causa séguese por delitos contra a saúde pública e tenencia ilícita de armas e ao longo da instrución determinarase se existe algún outro delito.
O resto de detidos, outros doce, quedaron en liberdade con cargos, onde a maioría se acolleron ao seu dereito a non declarar ante o xuíz. Polo momento descoñécese as cantidades e tipos de sustancias estupefacientes localizadas neste rexistro.
O asentamento das Chaquetas é a día de hoxe un dos máis activos en tráfico de drogas en Ferrol e comarca, acudindo a diario decenas de persoas chegadas de distintos puntos de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.