Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2023 | Actualizada ás 17:44
Persoal laboral de CC.OO. en folga indefinida levan recadados máis de 8.500 euros de fondo de resistencia no tres días desde que se creou unha petición aberta de doazóns a través dunha páxina web.
Segundo informan nun comunicado representantes de persoal en folga, entre os doantes están dirixentes históricos como o ex secretario xeral de CC.OO. en Galicia Suso Díaz, pai da ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Este xoves, a folga cumpre 17 días.
Outros nomes históricos que realizaron achegas ao fondo de resistencia son: Julio Abelleira Souto, ex secretario xeral de CC.OO. de Ferrol; Jaime López Golpe, ex membro da Comisión Executiva Nacional de CC.OO. de Galicia; Emilio Pantín, recoñecido membro do comité de Navantia; Lola González Lorenzo, ex secretaria xeral de CC.OO.-Sanidade Galicia.
Tamén cargos sindicais en activo, tales como Diego Doldán, membro da Comisión Executiva de CC.OO.-Industria Galicia; Francisco Cuba Couzo, mimembro da Comisión Executiva de Pensionistas CC.OO. Galicia; ou Patricia Mariño, dirixente de CC.OO.-Servizos en Galicia, segundo detallan representantes do persoal en folga.
Os empregados de CC.OO. en Galicia --un persoal integrado por 51 traballadores-- convocaron folga indefinida desde o 23 de xaneiro pola negociación do convenio e en demanda de melloras salariais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.