Sonando Local, primeira plataforma OTT de Europa onde participarán medios galegos desde a proximidade

Máis de 150 medios locais públicos e comunitarios comezarán a emitir desde esta plataforma o 13 de febreiro, Día Mundial da Radio e farano sobre a sustentabilidade, xustiza social e a revitalización do medio rural.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/02/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Emuga-Radiofusión é unha das catro redes de medios de proximidade do Estado incluída no marco do proxecto ONDA ODS que inaugurará o 13 de febreiro a primeira plataforma OTT de contidos audiovisuais producidos dende o local en Europa.

Estudios de Radio Fene Dominio Público http://afazanhadaliberdade.wordpress.com/
Estudios de Radio Fene Dominio Público http://afazanhadaliberdade.wordpress.com/

Para celebrar este Día Internacional da Radio e logo dun ano de traballo conxunto na
implantación da campaña Onda ODS
, a Asociación de Emisoras Municipais Galegas, a Asociación de Emisoras Municipais e Comunitarias de Andalucía de Radio e Televisión, a Rede Estatal de Medios Comunitarios e RTV Cardedeu (La Xarxa), lanzarán esta innovadora ferramenta adaptada ao consumo actual dos contidos audiovisuais.

O galego será un dos catro idiomas nos que Sonando Local ofrecerá os seus contidos producidos dende os medios de proximidade e destinados a sensibilizar á poboación sobre os retos globais aos que nos temos que enfrontar a longo das vindeiras décadas. Medioambiente, igualdade de xénero, revitalización de medio rural, traballo digno ou a loita contras as desigualdades serán algunhas das temáticas que se amosarán nesta plataforma.

Os usuarios poderán visualizar ou escoitar de balde materiais moi familiares a través dos que se favorecerá a consecución dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados na Axenda 2030. ONDA ODS é un proxecto coordinado por EMA-RTV no que participan máis de 150 radios e televisións locais financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Nas datas nas que se realiza o "experimento" (?) e coa financiación do Ministerio de Ione Belarra (Pablo Iglesias) igual temos por diante unha especie de Radio Mil Colinas (Ruanda) // https://www.mdsocialesa2030.gob.es/... // Resulta curioso que nos teñan logo de 4 anos baixo a Lei Mordaza de Mariano e nos meteran 6 meses e un día de Confinamento Forzoso... para agora abrir as Radios Locais en Rede (?) Imos ver