Seguen subindo de vagar os casos covid en Galicia

O Sergas notificou o falecemento dun home de 95 anos o pasado xoves 9 de febreiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2023 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

As persoas hospitalizadas con Covid-19 en Galicia ascenderon a 168, o que supón 26 máis que os notificados o pasado sábado pola Consellería de Sanidade. Deles, 163 atópanse en planta mentres que cinco están en unidades de coidados intensivos. Ademais, os casos activos descenden ata situarse nos 685 (-28).

Segundo os datos ofrecidos este luns, actualizados ata as 18,00 horas do domingo, nas últimas 24 horas contabilizáronse un total de 31 novos positivos por coronavirus. Ademais, os pacientes curados en Galicia son 689.395 desde que comezou a pandemia e os falecidos son 4.063.

En canto aos casos activos, por áreas sanitarias, A Coruña-Cee sitúase na cabeza con 141 (+5), seguida de Santiago-Barbanza, con 125 (-14). Mentres, Lugo-A Mariña-Monforte descendeu a 120 (-3); Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras mantense en 95, Pontevedra-O Salnés baixou a 62 (-9); Vigo a 68 (-12); e Ferrol ascende a 63 (+5).

Respecto dos hospitalizados con coronavirus, o Sergas notificou este luns 26 máis, un total de 168. En concreto, son 163 os ingresados en planta e cinco en críticos. Por áreas sanitarias, as persoas ingresadas subiron na Coruña a 35 (+1); en Pontevedra a 26 (+2); en Ferrol a 26 (+12); en Santiago a 21 (+3); e en Vigo a 11 (+3). Pola contra, descenderon os hospitalizados en Lugo, que conta con 26 persoas ingresadas nos seus centros hospitalarios (-1), e en Ourense, onde hai nestes momentos 23 hospitalizados (+6).

Por outra banda, os contaxios notificados foron 11 na área da Coruña; tres na de Ferrol; sete na de Lugo; seis na de Ourense; dous na de Santiago; e dous na de Vigo. Ademais, o Sergas notificou o falecemento dun home de 95 anos o pasado xoves 9 de febreiro na área sanitaria da Coruña e Cee. O falecido tiña patoloxías previas. Así, as vítimas en Galicia desde que se iniciou a pandemia ascenden a 4.063.

Un enfermeiro vacina unha muller contra a covid-19
Un enfermeiro vacina unha muller contra a covid-19 | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta