Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/02/2023 | Actualizada ás 09:00
O vindeiro 23 de febreiro ás 20:00 h. Carral súmase á rede de Poetry Slam co primeiro dos seis eventos que terán lugar ao longo deste 2023. A Asociación EcoCultural Lacrar organiza esta xornada contando coa colaboración da Taberna Lume e Ferro, situada no Campo da Feira de Carral e que será o salón de actos para esta estrea.
O concurso está aberto a todo aquel ou aquela que desexe participar, e a inscrición pode facerse mandando unha mensaxe ao correo electrónico aeclacrar1@gmail.com, a través do formulario que se pode atopar premendo aquí ou ben entrando no perfil de instagram poetryslamcarral.
REQUISITOS PARA PARTICIPAR
Para poder participar desta xornada chegará con ter un poema orixinal de creación propia, que este se poida recitar en 3 minutos e que a persoa que recite non leve ningún tipo de disfraz nin artefacto. O xurado, composto por membros do público que asista, elixirá o gañador ou gañadora deste primeiro encontro que estará clasificado para a grande final que pechará esta primeira tempada do Poestry Slam Carral.
A gala que terá lugar o xoves 23 de febreiro contará coa actuación de Zeltia Irevire Acústico e Peter Doutor Própole.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.