Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2023 | Actualizada ás 10:55
O incendio declarado o pasado domingo en Carnota foi extinguido ás 10,00 horas deste martes despois de queimar máis de 124 hectáreas.
Diso informou a Consellería do Medio Rural a través dun comunicado no que apunta que as últimas medicións cifran en 124,24 as hectáreas calcinadas, das que 102,6 foron de monte raso e 21,64 de superficie arboredo.
O lume orixinouse ás 15,00 horas do domingo na parroquia de Lariño por culpa dun incendio declarado nun vehículo na estrada que se propagou a un terreo forestal. Desde o seu inicio, traballaron na zona dous técnicos, 13 axentes, 20 brigadas, 13 motobombas e medios aéreos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.