Por E.P. | Galicia | 14/02/2023 | Actualizada ás 14:32
Os encoros galegos sitúanse ao 82,8% da súa capacidade, mentres que a media estatal está ao 50,7%. As cifras descenden lixeiramente respecto da pasada semana, segundo os datos publicados este martes no boletín hidrolóxico do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco).
As concas de Galicia teñen embalsados nestes momentos un total de 2.958 hectómetros cúbicos de auga, fronte aos 3.075 de hai unha semana. Esta cifra sitúase por enriba da do ano pasado a estas alturas, 2.032,e da media da última década, 2.764.
De maneira concreta, a conca Galicia-Costa volve ser esta semana a máis chea de toda España en relación á súa capacidade, un 86,7%, -- un 2,6% menos que hai unha semana -- e conta cun total de 593 hectómetros cúbicos de auga embalsada. O ano pasado tiña recollidos un total de 416, mentres que a media do últimos dez anos sitúase en 557.
Pola súa banda, o Miño-Sil ten recolleitos 2.392 hectómetros cúbicos de auga embalsados actualmente. Esta cifra é superior á de hai un ano, cando contaba con 1.616 hectómetros cúbicos, e á de hai 10 anos, con 2.207.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.