Comezan as obras do primeiro gran parque de xogos de auga de Pontevedra

O edil Iván Puentes agarda que a cidadanía poida disfrutar del esta primavera.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 15/02/2023 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

Comezan as obras que permitirán crear o primeiro parque de xogos de auga de Pontevedra. Os traballos, que contan cun prazo de execución de dous meses e medio e que están enmarcados dentro da estratexia de renaturalización de ríos e espazos naturais e loita contra o cambio climático Pontevedra Flúe, permitirá a dotación dunha singular área de lecer dotada de chorros, difusores e elementos pensados para as familias e para nenos e nenas de tódalas idades. 

O edil Iván Puentes supervisa o inicio do parque de xogos de auga de Pontevedra
O edil Iván Puentes supervisa o inicio do parque de xogos de auga de Pontevedra | Fonte: remitida

O edil de Desenvolvemento Sostible, o socialista Iván Puentes, agarda que “os pontevedreses e pontevedresas poidan desfrutar a partir desta primavera dunha área de lecer única", que tamén contará cunha zona de xogos tradicionais elaborados en madeira de robinia de 625 metros cadrados, semellante á existente no parque das Palmeiras e presidida por un enorme castelo.

O novo parque de xogos de auga ocupará unha superficie de 225 metros cadrados e disporá dunha enorme cantidade de funcións de xogo, con diversos tipos de difusores, chorros e formas de auga, que se distribuirán en tres áreas: unha zona de xogo en familia, unha para os máis pequenos e outra para nenos de máis idade. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta