Por Europa Press / Redacción | Ourense | 16/02/2023 | Actualizada ás 18:59
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza vén de informar de que a Dirección Xeral de Agua, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica, denegou a autorización para a construción da central reversible Salas-Cunhas, despois de quince anos de trámites.
Naturgy iniciou no 2008 os trámites para a construción dunha central de bombeo entre os encoros de Salas e As Cunhas. "Pretendía que se eliminaran algúns condicionantes da autorización administrativa, en particular os relativos ao control da calidade das augas", apuntan desde ADEGA.
A asociación alertou tamén das repercusións nos hábitats protexidos e do impacto en especies en perigo de extinción, como a aguia real. A exposición pública do proxecto foi no 2013 e ADEGA presentou alegación facendo fincapé nestas consecuencias. "Só respostaba ao interese da empresa de maximizar os seus beneficios", sinalan.
En 2017 foi concedida unha Declaración de Impacto Ambiental favorable, pero ADEGA solicitou a caducidade do proxecto, reiterando os riscos ambientais
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.