Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2023 | Actualizada ás 11:32
A candidatura do Partido Popular do Carballiño (Ourense) nas eleccións municipais do 28 de maio estará encabezada por Lino González, quen exerceu de cargo de confianza do ex secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, durante a súa etapa como alcalde da vila do Arenteiro.
A dirección do PP ourensán deu a coñecer este venres a elección de Lino González (París, 1971) como candidato á Alcaldía do Carballiño. Nacido en Francia no seo dunha familia emigrante que regresou a Galicia en 1981, González desenvolveu a súa carreira profesional no sector bancario.
Nun comunicado, o presidente provincial dos populares ourensáns, Manuel Baltar, destacou a Lino González como "un referente da sociedade carballinesa" con capacidade para "liderar o cambio" no municipio que goberna desde 2015 o socialista Francisco Fumega.
Pola súa banda, segundo recolle un comunicado, o candidato popular o próximo 28 de maio resaltou como aval a súa proximidade aos veciños grazas á súa actividade profesional de 22 anos como traballador da oficina de Caixa Rural do Carballiño, que preside na actualidade.
Así, o PP do Carballiño fixo como obxectivo "reforzar" a "proximidade" cos veciños como vía para lograr un "cambio" no goberno e recuperar unha Alcaldía que non ostentan desde fai oito anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.