O problema xitano

Non son quenes na administración de atallar a problemática que, nos últimos tempos, rodea á comunidade xitana...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/03/2008 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A proposta de Quintana de facer "poblados provisionais" non gusta a todos. Hai quen di que é construir "novos guettos" para os xitanos. Pero a iniciativa está apoiada polos socios do bipartito.

Dende os propios partidos e concellos aconsellase á Xunta que tenten atallar esta cuestión de raiz agora que xa é un problema social de relevancia. Por iso, algún cargo institucional xa aconsellou que se aproveite para erradicar o chabolismo e suprimir os puntos negros de venta de droga que hai nalgúns asentamentos xitanos; que se fale coas asociacións xitanas e se inicien programas de "educación e convivencia" entre payos e xitanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

13 Costadamorte

Pois romanó, tes bastante razón..., pero con algúns matices, penso que si debe haber dereitos e, en principio, igualdade para todos, (o que dis de presunción de inocencia, dereito á defensa,…), pero ao tempo tamén, especialmente por parte dos responsabeis políticos, un pouco de sentidiño, que as veces falla...
Digo isto porque penso que en determinadas circunstancias pode ser admisible unha certa interpretación flexible das leis, das obrigas e dos dereitos...

12 romanó

Exactamente. Levo días lendo crónicas cheas de insultos aos xitanos e acordeime do chiste. Humor negro. En calquera país civilizado xa habería xente procesada. Aquí, o poder xudicial e o executivo miran para outro lado e asubían. Seguro que pola noite ven "arde Missisipi" e falan dos dereitos civís. Os dereitos neste país son para algúns (presunción de inocencia, dereito á defensa,...).Non somos racistas, é pola drogha aque nos botaron no colacao.

11 Costadamorte

romanó:

O teu é como o chiste de cando Bush, Blair e Aznar estaban nas Azores a preparar a gurra do Iraque...
Como Blair e Aznar andaban preocupados por como se recibirían no Reino Unido e en España as baixas que causase a guerra, pedironlle a Bush que lles fixera unha estimación do número de baixas, ao que Bush respondeulles:
"Pois a CIA informoume que estima que na guerra faleceran uns 200.000 iraquies e un belga"...
Ao que Blair e Aznar interrumpen a coro:
"¡Coño!, ¿e o belga?"...
E Bush respóndelles:
Pois para que estedes tranquilos e comprobedes que ninguén se vai preocupar polos 200.000 iraquies mortos...

Pois iso, romanó, os teus albaneis, ¡o mismiño!...

10 romanó

Eu creo que había que actuar duramente contra os xitanos, os inmigrantes e os albaneis.

9 Antón Losada dixit

ANTÓN LOSADA

DISQUE DISQUE

Racismo enxebre

Disque se multiplican os problemas de integración xitana. Disque os veciños non os queren porque traen delincuencia, e eles non acaban de ser xitanos á maneira que nos gusta aos paios. Con boa vontade, pero pasmosa inxenuidade, o vicepresidente Quintana acaba de propor un plan integral contra este racismo enxebre. A primeira cornada arréalla un alcalde seu: Lores, convertido nun modelo perfecto dese racismo onde ninguén ten nada contra ninguén, e os veciños o único que queren é vivir en paz, os xitanos que os deixen en paz e os alcaldes que reine a paz, pero ben lonxe da miña casa e da miña vila, porque senón é a guerra.