O problema xitano

Non son quenes na administración de atallar a problemática que, nos últimos tempos, rodea á comunidade xitana...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/03/2008 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A proposta de Quintana de facer "poblados provisionais" non gusta a todos. Hai quen di que é construir "novos guettos" para os xitanos. Pero a iniciativa está apoiada polos socios do bipartito.

Dende os propios partidos e concellos aconsellase á Xunta que tenten atallar esta cuestión de raiz agora que xa é un problema social de relevancia. Por iso, algún cargo institucional xa aconsellou que se aproveite para erradicar o chabolismo e suprimir os puntos negros de venta de droga que hai nalgúns asentamentos xitanos; que se fale coas asociacións xitanas e se inicien programas de "educación e convivencia" entre payos e xitanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

8 Utópico

Este é un tema no que todo o mundo fai demagoxia. Nin o xitano é tan malo, nin o paio tan tolerante.
Eu creo que as Administracións prefiren mirar cara outro lado porque lles sae máis rendible (os xitanos non soen votar) e prefiren deixalos vivir no seu guetto e permitir que se convirtan en focos de insalubridade, delincuencia e sucesos nos medios de comunicación (aínda que os problemáticos sexan os menos).
Persoalmente creo que as políticas de integración fallan, porque construír edificios en novas urbanizacións para ocupalos con familias non integradas é un erro. Alí seguen coa súa vida sen integrarse, convertindo o guetto horizontal nun guetto vertical.
Eu proporía obligar a todos os promotores a reservar en cada edificio unha vivenda para os Servizos Sociais, que logo podería ser utilizado para introducir familias non integradas, crear pisos de acollida, pisos para xente moza, pisos de alugueiro público... Dese xeito, sempre habería unha vivenda en cada edificio, e as administracións poderían valorar que destino darlle.
Iso si, á hora da verdade ninguén quere aos xitanos nos seus barrios, pero se estivesen en todos os edificios, ao mellor as cousas cambiaban.

7 Un observador

pues eu estou dacordo con xandokas. Igual non é unha posición políticamente correcta, pero desde a miña posición, que é de absoluto respeto por outras culturas (teño moita familia "mixta", unha sobriña negra e cuñada de cabo verde, etc.) e outra distinta e no aceptar a convivencia. Dous exemplos. Eu, estudante na coruña, vou a un piso, e veñen de veciños, unha familia que traballaba na chatarra, de etnia xitana. O primeiro que fixeron, foi arrincar a bañera e pola abaixo, na rúa, para darlle de comer ao cabalo. E toda a noite, os novos da familia de parranda no piso, con guitarras, etc... (e calquera lles dicía algo)..
Outro exemplo. Estou en urxencias hai pouco tempo co meu fillo, e chegan unha xitana (e con ela toda una recua de familiares). E o medico de guardia dille aos familiares que lle teñen que facer á rapaza unha radiografía e lle preguntan se está embarazada (teñen que facelo por protocolo)... Virxen santa a que montaron. Casi o linchan... (mi hija no es una puta como las payas, que se cree usted... etc. etc.)
A iso me refiro coa adaptación e a convivencia. O que hai que moita hipocresía.

6 Costadamorte

Eu o teño claro, é unha vergoña a situación actual dos poboados marxinais de chabolas dos xitános co que conleva de marxinalidade e delincuencia, tamén se está a demostrar que é imposible asentalos de xeito inmediato integrados nos novos barrios de vivendas sociais polos problemas de convivencia que están a xurdir...
¿solución?... ¡a ver quen é o listo que a propón!...,
en principio penso que a integración ten que ser mediante un programa individual, familia a familia, que inclúa medidas laborais, de educación social e para a convivencia, de asistencia social e policiais para reprimir as conductas delictivas, (incluindo medidas como privar as familias da patria potestade se non se trata adecuadamente aos fillos escolarizandoos, mantendoos e condicións de hixiene e mantendoos alonxados de comportamentos delictivos ou da mendicidade)...
Penso que con programas individualizados cara as familias que hoxe están na marxinalidade, sexan xitanos ou non, é como se pode integralas na sociedade, (hai moitos xitanos que xa están perfectamente integrados na sociedade e non provocan ningún rexeitamento entre os seus veciños), e hai colectivos, que sin ser estrictamente xitanos, como os "moinantes", comportan situación de marxinalidade e de conflictividade social moi semellantes...

5 anónimo

Xandokas, ti dis: " ou conviven cos paios ou que se vaian"
Os xitanos poden dicir o mesmo, ou os paios conviven cons xitanos ou que marchen... Os xitanos son tan de aquí coma ti, a onde queres que marchen se están na súa terra?

4 romanó

Vaia espectáculo que están a dar os bos pensantes paios coas protestas en contra dos xitanos, así a bulto. Noutros paises sería delicto e aquí a fiscalía mira para outro lado. Hai racismo puro e duro que ninguén se atreve a frear co peso da xustiza. Unha cousa é opinar sobre o xeito de erradicar o chabolismo e outra moi distinta é condear a toda unha comunidade co sambenito de traficantes e maleantes. Un desastre de sociedade.