Dúas xornadas para coñecer os segredos de Castro Valente

As actividades inclúen un faladoiro aberto e unha ruta guiada

Por Galicia Confidencial | A Estrada | 20/02/2023 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

Dar a coñecer unha das fortalezas altomedievais máis grandes de Galicia. Ese é o obxectivo das xornadas sobre Castro Valente que organizan Castelos no aire, a Asociación Cultural Os Penoucos, obaixoulla.gal e Asociación Cultural Vagalumes.

O xacemento denominado Castro Valente
O xacemento denominado Castro Valente | Fonte: obaixoulla.gal

As actividades comezan este venres cun faladoiro aberto sobre Castro Valente e no que intervirán o equipo de arqueólogo de Castelos no aire así como diferentes colectivos. O encontro será ás 20.00 horas no MOME da Estrada. 

O segundo día, o sábado 25, está programada unha ruta guiada tamén polos arqueólogos e que sairá de Padrón. O punto de encontro é a antiga escola unitaria de Morono e é necesario inscribirse en obaixoulla@gmail.com.

O xacemento, que se atopa entre os concellos de Padrón e A Estrada, na marxe sur do río Ulla, "está ameazado pola construción dun parque eólico e o trazado dunha liña de alta tensión", indican desde os colectivos organizadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta