Por E.P. | O Porriño | 20/02/2023 | Actualizada ás 18:47
O Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia convocaron este luns o V Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado de ensino secundario, así como honrar a figura de Roberto Vidal Bolaño.
Segundo trasladou Galaxia nun comunicado, poderán concorrer a este premio todas as persoas que o desexen, con textos inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega, fóra dos gañadores das dúas edicións anteriores.
Nesta liña, as obras serán de temática e extensión libre, aínda que se deberá ter en conta que o seu propósito é ser interpretadas por alumnado de entre 12 e 18 anos. Deste xeito, o premio constará de 2.000 euros, que computarán en concepto de adianto de dereitos de autoría, un diploma acreditativo e a edición e publicación da obra gañadora a cargo da Editorial Galaxia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.