Por Europa Press / Redacción | Galicia | 21/02/2023 | Actualizada ás 15:04
A Capitanía Marítima de Tarragona, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, ordenou a retención do buque 'Lagertha', con bandeira de Malta, por unha descarga ilegal de hidrocarburos realizada na zona do dispositivo de separación do tráfico marítimo de Fisterra, na costa de Galicia.
A descarga de hidrocarburos detectouse o pasado 11 de febreiro, cando o avión de Salvamento Marítimo realizaba un control rutineiro de prevención e loita contra a contaminación sobre esta contorna, e sorprendeu ao buque 'in franganti'. A mancha estendeuse nunha superficie de 12,7 quilómetros cadrados, explicou o Goberno nun comunicado este martes.
O barco manterase detido no Porto de Tarragona ata que os seus propietarios abonen unha fianza de 100.000 euros na caixa de depósitos e o capitán presente a documentación requirida e designe un domicilio en España.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.