Un veciño de Ourense, investigado por crear unha páxina web para vender zapatillas falsificadas

O sospeitoso conseguiu máis de 200.000 euros coa venda de 3.700 pares de zapatillas

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 22/02/2023 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria de Ourense e axentes do EDOA da Garda Civil investigan a un home domiciliado en Ourense, responsable dunha páxina web a través da cal vendía zapatillas falsificadas.

Segundo informaron fontes da investigación, o sospeitoso obtivo máis de 200.000 euros con esta actividade ilícita. Así, as pescudas iniciáronse a partir de diversas informacións que apuntaban a este individuo, como creador dunha web e de varios perfís nunha rede social, que utilizaba para comercializar zapatillas falsas de diversas marcas.

O home importaba a mercadoría desde China e distribuíaa en España, e noutros países de Europa e América, mediante empresas de paquetería. A través da páxina web informábase de que o calzado eran "réplicas exactas en tallas e materiais", pero que non estaban producidas nas fábricas oficiais das marcas.

Un axente da Garda Civil
Un axente da Garda Civil | Fonte: Garda Civil

Os investigadores descubriron que comercializara, nun breve espazo de tempo, máis de 3.700 pares de zapatillas por case 220.000 euros. O creador da web foi notificado de que é investigado por un suposto delito contra a propiedade industrial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta