Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 23/02/2023 | Actualizada ás 20:51
Un octoxenario resultou ferido ao producirse unha explosión no seu domicilio de Ponteareas (Pontevedra) cando tentaba acender unha estufa de gas. Segundo informou o CIAE 112, o suceso tivo lugar ás 15,00 horas deste xoves nunha vivenda situada na rúa da Castañeira, en Ponteareas.
Debido á deflagración, producida no momento no que tentaba enceder a estufa, o home sufriu distintas lesións polas que tivo que ser evacuado nun primeiro momento ao centro de saúde de Ponteareas e, máis tarde, ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
A vivenda rexistrou distintos danos a consecuencia da explosión, que xerou un incendio que calcinou un colchón e uns sofás. Ata a zona mobilizáronse, ademais dos efectivos de Urxencias Sanitarias 061, profesionais do servizo de bombeiros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.