Falece un condutor ao sufrir unha indisposición ao volante e saírse da vía en Cariño

Os axentes da Garda Civil comprobaron que o home, de 69 anos, sufrira un problema cardíaco

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 23/02/2023 | Actualizada ás 20:47

Comparte esta noticia

Un condutor de 69 anos faleceu este xoves no municipio coruñés de Cariño ao sufrir unha indisposición ao volante, o que provocou que perdese o control do vehículo e terminase fose da vía. Segundo informaron o CIAE 112 Galicia e Garda Civil, o incidente produciuse ás 18,35 horas na estrada DP-6119, que une Cariño e Cabañán.

Desprazados ao lugar tras recibir o aviso do accidente de circulación, os axentes da Garda Civil comprobaron que o home, de 69 anos e veciño de Cariño, sufrira un problema cardíaco. A morte foi certificada polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061 que acudiron ao lugar do incidente.

Por outra banda, a condutora dun turismo resultou ferida ao sufrir un accidente contra un tractor en Rois durante a tarde deste xoves. O sinistro produciuse ás 15,00 horas no lugar de Augasantas, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Arquivo - Garda Civil
Arquivo - Garda Civil | Fonte: 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta