Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2023 | Actualizada ás 13:41
A Xunta porá en marcha centros 24 horas de atención a vítimas de violencia sexual nas áreas sanitarias de Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo. Este sábado, a Administración autonómica informou nun comunicado da firma por parte dos conselleiros de Sanidade, Julio García Comesaña, e de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, da transferencia de 2 millóns de euros fondos dun departamento ao outro para a posta en marcha destes centros.
A creación destas unidades permanentes que traballarán 24 horas durante os 365 días do ano está contemplada no Plan España Protéxeche, integrado en en Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia articulado polo Executivo central.
Estes centros ofrecerán acompañamento e información telefónica, telemática e presencial ás vítimas de agresións sexuais, que poderán solicitar atención psicolóxica, xurídica e social tanto para elas como para os seus familiares e persoas da súa contorna.
A Xunta explica que a localización destas unidades nas áreas sanitarias galegas "facilitará unha mellor coordinación dos servizos na atención de emerxencia ás posibles vítimas de violencia sexual".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.