Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2023 | Actualizada ás 15:41
A nova Lei de Igualdade de Galicia remitirase ao Parlamento a finais do mes de marzo ou a principios de abril. Así o avanzou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, nunha entrevista na Radio Galega.
A titular de Igualdade asegurou que está "practicamente finalizada a tramitación na fase previa" antes de "aprobala o Consello da Xunta" e tan só está pendente do informe do Consello Económico e Social e da Asesoría Xurídica da Xunta, para, posteriormente, remitila á Cámara galega para a súa tramitación.
Segundo sinalou, o obxectivo da norma é recoller todas as sensibilidades das mulleres galegas e de todos os sectores, ademais de ser "moderna" e incluír os aspectos recolleitos nos convenios internacionais como "a discriminación múltiple" e que some tamén o "benestar laboral".
Neste sentido, expuxo que se inclúen conceptos como "conciliación" e "corresponsabilidade", pero, engadiu, "vai máis aló" e "supón que as empresas entren nunha nova era onde deberían racionalizar os tempos de traballo, flexibilizar as xornadas e incorporar todos os elementos para que as persoas que traballan nesa compañía estean fidelizadas nesa compañía porque se atopan a gusto no traballo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.