Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/03/2023 | Actualizada ás 13:05
Dous mozos foron detidos en Ourense pola Policía Nacional por atacar a outro cun machete. A detención, segundo fontes coñecedoras do suceso consultadas por Europa Press, produciuse este domingo, e sería o propio ferido --que ía sangrando pola rúa-- o que identificou os agresores.
'La Región' avanzou este que a agresión se produciu na discoteca Luxus, na rúa Arturo Pérez Serantes; e que a vítima sufriu un corte na cabeza que requiriu 40 puntos de sutura.
As fontes consultadas apuntan que se trata de dous mozos, de nacionalidade estranxeira, que teñen entre 20 e 25 anos. A Policía investígalles como presuntos autores dun delito de homicidio en grao de tentativa e xa pasaron a disposición xudicial.
PRISIÓN PARA UN DELES
A maxistrada do Xulgado de Instrución nº3 de Ourense decretou o ingreso en prisión comunicada e sen fianza dun dos dous detidos por agredir a outro mozo á saída dunha discoteca. O outro foi posto en liberdade.
Concretamente, segundo informaron fontes xudiciais, a xuíza puxo en liberdade a un dos detidos, aínda que permanece investigado por un delito de encubrimento, sen prexuízo de que poida cambiar ao longo da instrución.
Pola súa banda, para o outro detido, a xuíza ditaminou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, investigado por un delito de tentativa de homicidio e por outro de tenencia ilícita de armas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.