A Xunta agarda que o novo PERTE do Vehículo Eléctrico ofreza certezas ao sector

Defende un reparto "descentralizado e áxil" dos fondos

Por E.P. | Galicia | 06/03/2023 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

A Xunta manifestou que espera que o novo PERTE do vehículo eléctrico ofreza certezas a un sector que "supón preto do 14% do emprego industrial de Galicia". O director do Igape, Fernando Guldrís, participou na reunión da Alianza do Perte Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC), unha iniciativa que persegue "reforzar" o marco de colaboración público-privada entre as administracións e as empresas do sector.

Segundo destacou o Goberno galego nunha nota de prensa, Guldrís demandou que, de cara a futuras convocatorias, os principais fabricantes de España, incluíndo Stellantis, deben atopar unha resposta aos seus plans de futuro.

"Está en xogo a competitividade da planta de Stellantis en Vigo e abaratar os custos de fabricación de vehículos. É un compromiso vital para a automoción galega", destacou. Sobre esta base, o director do Igape criticou que na última convocatoria deixáronse sen adxudicar "arrredor de 2.200 millóns de euros no Perte VEC". 

"As comunidades autónomas debemos poder optar aos fondos en igualdade de condicións", reivindicou Guldrís, quen defendeu a importancia dun reparto "descentralizado e áxil dos fondos" que permita.

A 'Alianza' estará presidida pola ministra de Industria, Reyes Maroto, mentres que o vicepresidente será o comisionado para o Perte VEC, José María López. "O sector da automoción está en plena revolución cara á electrificación da cadea de valor e España está preparada para liderar a mobilidade do futuro, que será sustentable, conectada e segura", subliñou Reyes Maroto.

Un vehículo eléctrico mentres se carga
Un vehículo eléctrico mentres se carga | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta