A enerxía e os bens de consumo disparan o prezo da produción industrial en Galicia

Crece un 4,2 %.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/03/2023 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

O índice de produción industrial (IPI) de xaneiro en Galicia creceu un 4,2 % con respecto ao mesmo mes do ano pasado, o que supón un crecemento tres puntos por encima da media de España, coa produción de enerxía e de bens de consumo duradeiros á cabeza nos incrementos.

Segundo os datos feitos públicos este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o crecemento da produción industrial en Galicia situouse no 4,2 %, fronte ao crecemento interanual do 0,5 % rexistrado en xaneiro de 2022 (e o crecemento do 1 % de decembro do ano pasado).

Tendo en conta o destino dos bens económicos, a maior taxa de crecemento produciuse na enerxía, cun aumento en xaneiro do 37,9 %; seguida polos bens de consumo duradeiros, cunha variación anual de +32,1 %.

Con respecto aos bens de equipo, tamén se rexistrou un crecemento, do 6,1 %, con respecto a xaneiro de 2022; mentres que o resto de bens rexistraron variacións anuais negativas: bens intermedios, un -16,7 %; bens de consumo non duradeiros, un -3,7 %; e bens de consumo, un -1,4 %. Con todo, a produción industrial de todos os bens rexistrou mellores cifras que no mes de decembro de 2022, excepto os bens de equipo, que moderaron o seu crecemento.

Taxa de produción industrial en Galicia
Taxa de produción industrial en Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta