Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2023 | Actualizada ás 16:18
Unha plataforma en contra de proxectos eólicos promovidos para a serra do Xurés denuncia que a Xunta "sacrifica" estas montañas "para regalarlle a electricidade" á multinacional do aluminio Alcoa.
A través dun comunicado, a plataforma, que se denomina Stop Eólicos Xurés Celanova, critica que Greenalia recibiu este xoves a declaración por parte do Consello da Xunta de "iniciativa empresarial prioritaria" para subministración de electricidade á planta de Alcoa en San Cibrao, "a 200 quilómetros de distancia", segundo destaca.
"Mediante esta declaración, a Xunta reduce á metade os prazos para a tramitación do proxecto", indica este colectivo, e engade que "por moita declaración de interese empresarial que poida emitir a Xunta, o interese social deste proxecto para os veciños de Calvos de Randín, Os Blancos e Baltar é ningún".
A declaración de impacto ambiental favorable do proxecto eólico 'Lamas II' supón, segundo avisa, "que por encima de toda a normativa de protección ambiental e coa pasividade das diferentes administracións, Greenalia morde no territorio cos dentes da Xunta".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.