Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2023 | Actualizada ás 18:39
Un total de 3.032 empresas e persoas autónomas presentaron solicitudes para optar ás axudas 'PEL' da Deputación da Coruña, que distribuirá entre o catro liñas de incentivos 11 millóns de euros.
O obxectivo destas axudas é fomentar as novas contratacións, contribuír á modernización do tecido empresarial e prestar apoio ás persoas autónomas.
Segundo trasladou a institución provincial nun comunicado, a liña máis demandada foi PEL-Autónomos con 1.216 solicitudes, destinadas a autónomos da provincia con menos de 5 anos de antigüidade na actividade empresarial e con domicilio fiscal en concellos de menos de 20.000 habitantes.
Deste xeito, optan a unha subvención de ata 2.400 euros para sufragar ata un ano de cotas á Seguridade Social que xa non estean suxeitas a ningunha bonificación, nin redución. Así, o incentivo de PEL-Emprende, con 953 solicitudes recibidas, presenta unha anualidade similar á do exercicio anterior, cun total de 3,5 millóns de euros.
Nesta liña, as axudas á contratación de PEL-Pemes recibiron un total de 863 solicitudes entre as dúas liñas de subvención, 615 delas novas solicitudes e 248 para sufragar un segundo ano das contratacións subvencionadas en 2022.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.