Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2023 | Actualizada ás 10:52
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a convocatoria da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para a realización de tres edicións dos cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, os tres cursos teñen un carácter presencial, un total de 16 horas de duración e contan con 35 prazas. Destes cursos, dous deles están dirixidos aos profesionais que desenvolven a súa actividade en instalacións acuáticas. Estas convocatorias celebraranse no concello da Estrada este mesmo mes e no de Cervo en xullo.
A outra edición diríxese a profesionais que levan a cabo a súa actividade en espazos acuáticos naturais e terán lugar no concello de Sanxenxo a finais de marzo e comezos de abril.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.