Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 14/03/2023 | Actualizada ás 19:42
Polonia recibe oficialmente este venres os cadros espoliados polos nazis que se atopaban no Museo de Pontevedra e que foron devoltos pola Deputación de Pontevedra. Unha delegación do goberno provincial viaxará a Polonia para participar na cerimonia de restitución do díptico 'La Dolorosa' e 'El Ecce Hommo'.
A primeira parada das obras será o Museo Nacional de Poznan, que as terá en depósito para rehabilitalas antes de que cheguen ao seu destino definitivo, o castelo de Goluchow, de onde foron roubadas.
O museo da cidade polaca acollerá a cerimonia oficial de devolución do díptico de Bouts, á que asistirán o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, e o director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey.
DE VARSOVIA A MADRID E PONTEVEDRA
As pinturas, tras saír de Varsovia en 1944, chegaron ata un comercio de arte de Madrid en 1973 e acabaron no Museo de Pontevedra en 1994, como parte da compra da colección de José Fernández López, formada por 313 pinturas de autores e cronoloxías diversas.
Este díptico é parte das 700 pezas expoliadas da Colección Czartoryski en Goluchów polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial, do que ata agora o Goberno polaco só puido recuperar unha peza, un crucifixo de esmalte de Limoges que foi entregado por unha persoa anónima.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.