Por Galicia Confidencial | Dumbría | 15/03/2023 | Actualizada ás 10:00
Esta pasada madrugada do mércores 5 de marzo, arredor das 5:00h da madrugada, rexistrouse un accidente mortal na AC-552, no km.81, preto do cruce de Dumbría. Un home sufría unha saída de vía e perdía a vida.
Ao lugar acodiron e Guardia Civil de Tráfico e os Bombeiros de Cee, que tiveron que liberar ao home, sen que fose necesario utilizar o material de excarceración. Posteriormente, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento e esperar a que a funerario recollera o cadáver.
Segundo fontes cercanas ao caso, o finado sería un coñecido empresario da hostalería e do peixe de Corcubión, vila que está en shock ante o suceso.
ACCIDENTE NO ANCORADOIRO
Paralelamente, e tal e como informa o xornal Que Pasa na Costa, esta mañá tivo lugar outro accidente, desta volta na AC-550 a altura do Ancoradoiro, no km.34, en Muros. A vítima resultou ferida de gravidade tivo que ser evacuada ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela polo helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Tamén acodiron o GES de Muros, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao servizo de mantemento da vía de circulación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.