Continúa a alerta demográfica en Galicia; as mortes quintuplican aos nacementos

Galicia rexistrou un 7,1% menos de nacementos en xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 1.151 nacementos no mes de xaneiro deste ano, o que supón un 7,1% menos que no mesmo período de 2022, segundo a estimación do Instituto Nacional de Estatística (INE), recollida por Europa Press.

Este dato implica á súa vez unha caída do 13,65% en comparación con xaneiro de 2019, antes de que se iniciase a pandemia do coronavirus. A nivel estatal, España contabilizou 27.185 bebés no primeiro mes deste exercicio, un 1,76% menos que en xaneiro de 2022 e un 11,9% menos que en xaneiro de 2019.

DEFUNCIÓNS

Pola súa banda, o número de defuncións en Galicia ata a oitava semana do ano (do 20 ao 26 de febreiro) situouse nos 5.801 falecidos, un 0,74% menos que no mesmo período de 2022 e un 3,28% máis que en 2019.

No total de España, esta cifra foi de 78.815 mortes, un 3,76% menos que nos dous primeiros meses de 2022 e un 1,05% máis que no mesmo período de fai catro anos.

Un bebé de poucos días de idade colle o dedo da súa nai
Un bebé de poucos días de idade colle o dedo da súa nai | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta