Identifican ao mozo que roubou tres décimos de lotaría premiados

No roubo, nun bar de Coles, o home apoderouse de 500 euros, botellas de alcol e tres décimos de lotaría que resultaron premiados

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 16/03/2023 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense identificou, e tomou declaración como investigado, a un mozo que durante os meses de decembro e xaneiro entrou a roubar en tres ocasións nun bar de Coles (Ourense) e levou, entre outras cousas, tres décimos de lotaría premiados.

Segundo informou o corpo, os roubos tiveron lugar o 25 de decembro e o 4 e 25 de xaneiro nun bar situado na parroquia de Cambeo, en Coles. Tras o peche, o sospeitoso sacaba o bombín da fechadura do establecemento co obxectivo de acceder ao interior e facerse coa recadación.

Nos roubos, apunta a Garda Civil, o home apoderouse de 500 euros, botellas de alcol e tres décimos de Lotaría que resularon premiados. O investigado é un mozo de 28 anos que actualmente se atopa en prisión cumprindo condena por outros delitos.

Unha muller compra un décimo de lotaría a unha vendedora ambulante
Unha muller compra un décimo de lotaría a unha vendedora ambulante | Fonte: Eduardo Parra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta