Por Galicia Confidencial | Allariz | 19/03/2023 | Actualizada ás 10:00
Co lema do concurso do Festival Internacional de Xardíns de Allariz para o ano 2024, "O xardín é unha obra de arte", preténdese extraer os avances e innovacións que distintas correntes artísticas inocularon na sociedade: o impresionismo, o cubismo, o surrealismo, etc.
Con estas tendencias artísticas naceron novas formas de observar a realidade cotiá en cadros, esculturas e calquera outra forma de expresión e agora, din dende o concello "queremos trasladalas ao xardín, para pasear entre plantas e sentirnos parte desa obra de arte".
Entre todas as propostas recibidas, un xurado de expertos no que están representadas as organizacións máis importantes do paisaxismo: asociacións, profesionais, deseñadores, artistas e o sector comercial, elixirá 10 proxectos de xardíns que serán executados e exhibidos como finalistas na edición 2024. Estes 10 xardíns competirán polo voto dos visitantes, máis de 40.000 persoas que cada ano se achegan ao Festival interesados no aumento da calidade dos proxectos que se mostran.
O concurso está aberto a todas as persoas que desexen participar e as súas bases están dispoñibles en https://www.allariz.gal/festival/concurso-2024/
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.