Polonia empregará o "exemplo" do Museo de Pontevedra para reclamar a outros países o patrimonio espoliado polos nazis

Polonia logrou recuperar 600 obras, mentres outras 150 están en trámite

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 17/03/2023 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O Goberno de Polonia agradeceu o "exemplo" do Museo de Pontevedra e empregarao para presionar a outros países a que restitúan o patrimonio espoliado polo réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial.

Así o manifestou o ministro de Cultura e Patrimonio Nacional polaco, Piotr Glinski, este venres no castelo de Goluchów, durante o acto oficial de restitución do díptico do 'Ecce Homo' e a 'Mater Dolorosa' por parte da Deputación de Pontevedra.

O ministro de Cultura e Patrimonio Nacional polaco, Piotr Glinski, na recepción do díptico devolto polo Museo Provincial de Pontevedra
O ministro de Cultura e Patrimonio Nacional polaco, Piotr Glinski, na recepción do díptico devolto polo Museo Provincial de Pontevedra | Fonte: Europa Press

O ministro de Cultura polaco agradeceu este xesto e os valores de "xustiza, solidariedade e respecto á tradición e ao patrimonio" compartidos coa Deputación pontevedresa. Glinski explicou que, no últimos oito anos, Polonia logrou recuperar 600 obras, mentres que hai outras 150 que están en trámite, non sen múltiples "problemas" para sacar adiante os expedientes con países como Alemaña ou Reino Unido.

UNHA DEVOLUCIÓN "INMEDIATA"

Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación --que escusou a ausencia da presidenta, Carmela Silva-- agradeceu a "hospitalidade" e "agarimo" mostrados en Polonia e subliñou que a decisión de devolución foi "inmediata" no momento no que se coñeceron as circunstancias de orixe das obras o 20 de marzo de 2020, mesmo antes á petición formal do país.

"Xustiza histórica" e "coherencia política" son os motivos mencionados por Mosquera para a devolución deste patrimonio, dado que o goberno ao que pertence traballa "na restitución da memoria histórica".

Neste mesmo sentido, o director do Museo de Pontevedra lembrou o "shock" que supuxo coñecer que tiñan obras retiradas durante a Segunda Guerra Mundial. Con todo, ata o momento non foi posible coñecer cal foi a historia do díptico desde a súa desaparición en 1944 ata que chegou ao museo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta